Práctica 6: Proxecto audiovisual

17.04.2024

Para o noso proxecto audiovisual didáctico, situamos arredor das emocións, como o acoso escolar ou "bullying", afecta emocionalmente ao estado das persoas, neste caso, dun alumno de primaria.

No documento audiovisual que se amosa a continuación, pódense comprobar dúas formas de actuación: a primeira, a situación de acoso na aula e no patio de recreo e, a segunda, como a aula apoia os erros do alumno e o animan, así como tampouco o illan e buscan integralo.

Este vídeo conta coa correspondente licencia de "creative commons", que se amosa a continuación por imposibilidade de edición no vídeo pertinente:

Reflexión 1 práctica 6: Na sesión de hoxe comezamos pondo en común a idea sobre a que basear o proxecto audiovisual, chegando á conclusión de que se centraría no "bullying" e como este afecta ao estadío emocional das persoas e á saúde mental. Servirá como ferramenta de exemplo e concienciación para os cativos sobre como se pode ver afectada unha persoa, polos actos e atitudes dos demáis.

Con isto, para o desenvolvemento desta práctica, poremos en marcha o filme dun vídeo explicativo, empregando a técnica do corte estándar para a edición e montaxe do mesmo.

En conclusión, nesta primeira sesión, deixamos prácticamente concluido o documento, así como definida a idea principal e o procedemento de rodaxe e finalidade do mesmo.


Reflexión 2 práctica 6: Na sesión do día de hoxe deseñamos o guión para o video acerca do "bullying" e repartimos roles para a rodaxe do mesmo. 

Á súa vez comezamos a deseñar as escenas en dúas dimensións mediante un "storyboard" do que serán as situacións de acoso na aula e no patio como complemento do traballo audiovisual.

En conclusión, ao longo da segunda sesión, deixamos elaborada a meiranda parte deste artigo, así como os procedementos previos precisos para a gravación deste.

© 2024 O Mundo das Emocións Todos os dereitos reservados.
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar