Práctica 3: Actividades Multimedia

Reflexión 1 práctica 3: Logo da sesión de hoxe, temos o coñecemento e posibilidade de propor e desenvolver actividades multimedia interactivas que poden facilitar a aprendizaxe de calquera tipo de contido ou materia, tendo no noso caso en concreto as emocións.
Atopamos ferramentas clásicas como "Genially" ou "Canva" que xa coñecíamos, pero das que descobrimos máis posibilidades de uso para desenvolver as nosas futuras actividades de aula.
Tamén descobrimos "Wordwall" ou "Educaplay" como alternativas ás que sacarlle partido e poder achegar aos nenos e nenas ferramentas de aprendizaxe lúdicas.
En xeral, pareceunos un aporte necesario para coñecer e poder por en práctica nun futuro, xa non só no apartado das emocións, senón na educación primaria e/ou máis avanzada.
Reflexión 2 práctica 3: Coa sesión de hoxe e gracias ao coñecemento da anterior das páxinas e webs pertinentes coas que traballar para poder crear actividades multimedia interactivas, proseguimos coa creación e desenvolvemento de ditas actividades, tendo prácticamente rematadas todas elas para a vindeira sesión.
Xa co coñecemento de como empregar estas ferramentas con finalidade lúdico-educativa, podemos aplicalas no futuro na aula para tanto ensinar en base a elas, como para poder introducir nos alumnos e alumnas o coñecemento de como deseñar e crear as súas propias actividades e ferramentas por eles e elas mesmos.
Reflexión 3 práctica 3: Nesta última sesión o noso traballo consistiu en revisar, completar e corrixir as diferentes actividades que creamos nestas semanas coa finalidade de perfeccionalas e adaptalas o mellor posible para os nosos estudantes. Ademáis de estructurar o documento a entregar coas ligazóns das activiades anteriormente nomeadas.
Durante estas dúas horas atopamos nova información relacionada coa eduación emocional da materia de psicoloxía da educación. Dito marco teórico axudounos a comprender mellor como é o desnvolvemento emocional do alumndo e que metodoloxías debemos focalizar nos nosos alumn@s para que atopen interés sobre o noso tema.
